Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

miércoles, 8 de abril de 2020

CONCURSO DE DEBUXOS PARA A POLICÍA

Dende a Academia Galega de Seguridade Pública chega unha proposta moi interesante... UN CONCURSO! 
Os policías están a traballar sen parar, como sempre o fan, pola seguridade de todos, e se lle damos as grazas?

Aquí vos deixamos as normas do concurso:
  • Facede un debuxo, acompañádeo do #convosestamosseguros, decídelle aos vosos pais/irmáns/avós que lle saquen unha foto e que a envíen a través das redes sociais ou ao correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal 
  • Haberá DOUS premios para Educación Primaria. 

Animádevos, están esperando os vosos debuxos. Aproveitade para colgalos nos balcóns, fiestras, portais... así cando pasen poderán velos!




Correos para combater o illamento

A área de Pontevedra tamén ten correo electrónico para mandar as cartas e nós... sen sabelo!!! Menos mal que unha mamá que é enfermeira nos avisou! Aquí vos deixo o e-mail aoteucaron.pontevedra@sergas.es
Os enferm@s esperan noticias vosas.

martes, 7 de abril de 2020

Que artistas!

Hai quen xa está desfrutando dos praceres da Semana Santa...

Irene e, o seu irmán, Rodrigo pintaron esta pancarta para recordarnos que estamos xuntos contra o Covid-19.





Moitas grazas Ire, sodes uns pedazo de artistas!

Pablo decorou ovos de Pascua... e tamén fixo un postre! Que boa pinta!!


Moitas grazas Pablo por compartir cos teus compañeir@s as túas creacións! 

Correos para combater o illamento


Boa tarde familias!
Aproveitando que estamos de vacacións e dispomos de máis tempo libre, déixovos esta proposta por se algún ou algunha de vós estivese interesado.
Os residentes da área sanitaria de Vigo crearon unha rede de cartas escritas para animar aos ingresados por Covid-19.
Calquera que o desexe pode participar nesta rede de correspondencia que cambia as tradicionais cartas de papel por un correo electrónico co que chegar aos enfermos. Unha carta de apoio na que sería interesante escribir unha pequena introdución presentándose, para que cada paciente saiba quen se dirixe a eles, e mandalo á dirección apoyocovidvigo@gmail.com.
As mensaxes só serán de ida, por motivos de protección de datos. Un acto de solidariedade para facerlle máis fácil e entretido o illamento.


lunes, 6 de abril de 2020

Vistas de página en total