CURSO 2013-2014
Este é o esquema a partires do cal traballaremos "O río" as nenas e nenos do 2º Ciclo. O traballo farase de xeito cooperativo.
Este é o esquema a partires do cal traballaremos "O río" as nenas e nenos do 2º Ciclo. O traballo farase de xeito cooperativo.
ESTE ANO EN VOZ NATURA E AXENDA 21 IMOS TRABALLAR O RÍO
4º A e 4º B imos comezar a coñecer a fauna do río centrándonos nos animais vertebrados.
Traballaremos en grupos para estudar un animal, recolleremos datos tales coma: características e reprodución, alimentación, hábitat e outras curiosidades.
Primeiro individualmente buscaremos información tanto en internet coma en libros, enciclopedias, etc, e rechearemos as fichas individuais. Logo completaremos a información coa do resto de compañeiras e compañeiros de equipo.
Finalmente elaboraremos un mural e expoñeremos o noso traballo ao resto da clase.
Os animais escollidos son:
lontra, picapeixes, ra, cobra de río e troita.
As nenas e nenos de 4ºA vannos contar moitas cousas sobre o Carballo:
As nenas e nenos de 4º B vannos falar do Chopo prateado:
SABÍAS QUE ...?
A pega recolle e enterra landras no outono. Despois, no mal tempo,
volta onde as enterrou. Algunhas non as da atopado, e medran ata se convertir en fermosos carballos.
Ao principio do vídeo pódese ver como unha pega enterra algo.
POEMAS DO CHOPO
|
|
Juan Ramón Jiménez
CHOPO DE INVIERNO
Huso de la hiladora,Dámaso Alonso DULCE CHOPO Dulce chopo, Dulce chopo, Te has puesto De oro. Ayer estabas verde, Un verde loco De pájaros Gloriosos. Hoy estás abatido Bajo el cielo de agosto Como yo frente al cielo De mi espíritu rojo. La fragancia cautiva De tu tronco Vendrá a mi corazón Piadoso. ¡Rudo abuelo del prado! Nosotros, Nos hemos puesto De oro. Federico García Lorca |
Neste vídeo, Anxo Moure amósanos a Casa das Árbores, onde habitan trasniños, xacias, e outros seres amigos da Natureza, na compañía de libros e contos que nos falan das árbores.
En breve contactaremos con él por medio de correos electrónicos, para que nos axude na procura de información sobre as árbores que estamos a traballar: O CARBALLO E O CHOPO PRATEADO.
Imos traballar as árbores que temos na ribeira do río Verdugo.
Nesta páxina atoparedes moita información sobre a que ten que traballar cada aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario