Boa tarde
familias!
Aproveitando que
estamos de vacacións e dispomos de máis tempo libre, déixovos esta proposta por
se algún ou algunha de vós estivese interesado.
Os residentes da
área sanitaria de Vigo crearon unha rede de cartas escritas para animar aos
ingresados por Covid-19.
Calquera que o
desexe pode participar nesta rede de correspondencia que cambia as tradicionais
cartas de papel por un correo electrónico co que chegar aos enfermos. Unha
carta de apoio na que sería interesante escribir unha pequena introdución
presentándose, para que cada paciente saiba quen se dirixe a eles, e mandalo á
dirección apoyocovidvigo@gmail.com.
As mensaxes só
serán de ida, por motivos de protección de datos. Un acto de solidariedade para
facerlle máis fácil e entretido o illamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario