As nenas e nenos do 2º Ciclo visitamos o monte de Barbudo, onde o garda forestal Antonio nos guiou nun paseo moi interesante. Fomos testemuñas do devastador dano causado polo incendio que tivo lugar o ano pasado, e Antonio, con moita paciencia e gran sabedoría, compartiu con nós datos e cusiosidades sobre moitos aspectos do monte.
Xunto coas profes tamén nos acompañou a nosa querida e entusiasta Morgyn , que gozou dunha xornada especialmente divertida. A ela lle debemos este vídeo.
Somos as nenas e nenos do 2º Ciclo de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boulloso de Ponte Caldelas. Esta é a pequena xanela pola que vos iremos amosando a nosa vida na escola. BENVID@S!!
Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.
"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden
jueves, 27 de marzo de 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Vistas de página en total
44481
No hay comentarios:
Publicar un comentario