
Piscina, praia, campo, xogos, campamentos, risas con amigas e amigos.
Axudade a facer a compra: preparade a lista, no super fixádevos nos prezos, cal é máis caro, ou barato? Canto custará toda a compra que levades no cesto?
Axudades a pagar, e repasades o recibo para saber que todo está ben.
Adicade un tempiño á lectura. Por que non ides coller algún libro á Biblioteca de Ponte Caldelas, ou á de Pontevedra?

Se ides de viaxe no coche podedes xogar: palabras encadeadas, adiviña en que penso (persoa, animal ou cousa), "calculadora humana", canto falta para chegar? (xogamos co tempo). E tamén, por que non? repasades a táboa de multiplicar!!!!
Podedes visitar este blogue e entrar nas páxinas de actividades para repasar Lengua, Lingua, Matemáticas...
Feliz verán!!! Ata a volta!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario