As nenas e nenos de 4º participamos nun obradoiro no que aprendemos
moitas cousas sobre froitas e hortalizas. Aquí tedes unha pequena mostra :
Que propiedades teñen...?
- Os froitos secos son bos para o corazón e a mente.
- As legumes favorecen a limpeza dos riles.
- A cenoria é boa para a vista e para protexer a pel do sol.
- Os tomates son bos pra o corazón, ao igual que as uvas brancas ou negras.
- O apio é bo para os ósos.
A que órganos do noso corpo se parecen ...?
- A noz ao cerebro.
- As fabas aos riles.
- Os tomates a un corazon de namorados.
- Un acio de uvas ao corazón de verdade.
- O apio aos ósos.
Por último, no comedor fixemos brochetas de froitas: amorodos, melón, piña e sandía.
E COMEMOS TODO O QUE QUIXEMOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario