Hoxe en 3º celebramos os Dereitos das nenas e nenos realizando un móbil no que colgamos 10 dereitos fundamentais, entre eles o de xogar, que é o que máis nos gusta.
BLOG DO SEGUNDO CICLO
Somos as nenas e nenos do 2º Ciclo de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boulloso de Ponte Caldelas. Esta é a pequena xanela pola que vos iremos amosando a nosa vida na escola. BENVID@S!!
Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.
"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden
viernes, 18 de noviembre de 2022
viernes, 4 de noviembre de 2022
AS CAPAS DA TERRA
O alumnado de 3º de Primaria realizou coas familias unha maqueta sobre as capas da Terra, aproveitando que están aprendendo sobre a Terra en Ciencias Sociais.
Aquí están os protagonistas coas súas maquetas:
miércoles, 24 de noviembre de 2021
EN TERCEIRO TRABALLAMOS "OS DEREITOS DA INFANCIA"
O 20 de novembro celebrase o Día Mundial do Neno, xa que nesa mesma data resultou aprobado pola Asamblea das Nacións Unidas a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, sendo este o máis universal dos tratados internacionais.
Para celebralo, o alumnado de terceiro elaborou fermosas manualidades conmemorativas sobre esta temática.
Debemos recordar que garantir e protexer os dereitos dos nenos-as significa velar polo futuro.