Somos as nenas e nenos do 2º Ciclo de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boulloso de Ponte Caldelas. Esta é a pequena xanela pola que vos iremos amosando a nosa vida na escola. BENVID@S!!
Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.
"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden
jueves, 10 de mayo de 2012
A VISIT FROM ETHIOPIA
A semana pasada contamos cunha visita sorpresa, algúen que estaba a pasar uns días de vacacións por estas terras. Esa visita foi Gelila, amiga dos pais de Tarikwa, quen se achegou á clase de 3ºA para falarnos, e contarnos historias que nos trouxo dende un fermoso país de África: Etiopía. Gelila é química e adícase ao estudo e investigación con plantas mediciñais.
Estivemos facéndolle moitas preguntas sobre o seu país, e pediunos que lle fixeramos o xogo de mans etíope do festival de Nadal. Falamos de animais, plantas, xogos, comidas, etc. e claro, todo en inglés, porque Gelila soamente falaba nese idioma, bueno, e tamén en amariña, que é a lingua oficial de Etiopía.
Aquí podedes entrar na páxina do Centro de Investigación no que traballa Gelila.
E se queredes coñecer Etiopía, entrade aquí.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Vistas de página en total
44482
No hay comentarios:
Publicar un comentario