Somos as nenas e nenos do 2º Ciclo de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boulloso de Ponte Caldelas. Esta é a pequena xanela pola que vos iremos amosando a nosa vida na escola. BENVID@S!!
Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.
"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden
martes, 18 de diciembre de 2012
lunes, 10 de diciembre de 2012
domingo, 2 de diciembre de 2012
O APARATO REPRODUTOR
O último dos aparatos que estudaremos nesta avaliación é o Aparato Reprodutor. O venres fixemos un "torbellino de ideas" e xurdiron moitas preguntas e curiosidades que tedes sobre este tema. A ver se despois de ver este vídeo atopades algunha resposta.

lunes, 12 de noviembre de 2012
domingo, 11 de noviembre de 2012
UNHA CLASE PRÁCTICA
En clase de Coñecemento puidemos observar un órgano moi importante do aparato excretor: o ril.
A profe trouxo un ril de coello, outro de cordeiro e un de porco, este último é o máis semellante ao humano. Foi unha boa experiencia, aínda que a moitos nos daba un pouquiño de noxo. Aquí tedes a proba:
riles - presentacion imagenes
A profe trouxo un ril de coello, outro de cordeiro e un de porco, este último é o máis semellante ao humano. Foi unha boa experiencia, aínda que a moitos nos daba un pouquiño de noxo. Aquí tedes a proba:
riles - presentacion imagenes
APARATO CIRULATORIO (en galego)
Seguimos estudando os aparatos do corpo, e desta tócanos o CIRCULATORIO. Veredes que é un poco máis complexo, pero seguro que o atoparedes moi moi interesante.
lunes, 5 de noviembre de 2012
miércoles, 31 de octubre de 2012
CHEGOU O SAMAÍN
Hoxe celebrouse o Samaín en clase. Algúns nenos e nenas prepararon unha pequena obra de teatro sobre zombies, e representárona diante dos compañeiros e compañeiras.
Foi un pouco precipitado, e déronse conta de que para que as cousas saian ben, hai que preparalas con tempo e esforzarse. De tódolos xeitos, como teñen uns compañeiros moi agradecidos recibiron aplausos dabondo.
Despois bailaron e xogaron todos un pouco.
E para rematar, contaron historias de medo, de moooooooiiitoo medoooooo!!
A ver quen durme hoxe!!
Despois bailaron e xogaron todos un pouco.
E para rematar, contaron historias de medo, de moooooooiiitoo medoooooo!!
A ver quen durme hoxe!!
lunes, 29 de octubre de 2012
miércoles, 24 de octubre de 2012
LIBRO LIM : PALABRAS AGUDAS, GRAVES E ESDRÚXULAS.
ORTOGRAFÍA: PALABRAS AGUDAS, GRAVES E ESDRÚXULAS
Nesta ligazón atoparás actividades para traballar en castelán
http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizar/es/es-an_2010032312_9141456/false:
http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizar/es/es-an_2010032312_9141456/false:
domingo, 21 de octubre de 2012
lunes, 15 de octubre de 2012
O APARATO RESPIRATORIO (en galego)
O SISTEMA RESPIRATORIO
Comezaremos a traballar o aparato respiratorio vendo este divertido vídeo de "Érase una vez..."
Esperamos que vos guste.
lunes, 8 de octubre de 2012
SECCIÓNS BILINGÜES: KANDINSKY
This year “Seccións Blingües” have
been awarded to our school. This means that in second and fourth levels of
Primary Eduacion Arts and Crafts subject will be conducted in English and
Galician languages (50%).
So,
in addition to the strengthening the English language in the clasroom, students
will learn vocabulary and specific expressions.
During
the first term we will work on Kandinsky, a Russian painter who seems to be
very interesting for its treatment of colors and shapes. Later, we will
continue working on Fall Colors.
We
have uploaded in the second cycle blog photographs showing the work of children
in the fourth level; each student made his own interpretation of the picture
“Squares and concentric circles”. You are about artists!!
domingo, 7 de octubre de 2012
martes, 2 de octubre de 2012
O APARATO DIXESTIVO (CASTELÁN)
Se entras nesta ligazón atoparás unha explicación do aparato dixestivO.
http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/digestion_cono4EP_ud1_01/frame_prim.swf
http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/digestion_cono4EP_ud1_01/frame_prim.swf
domingo, 30 de septiembre de 2012
martes, 25 de septiembre de 2012
A DIXESTIÓN (en galego)
Entra nesta páxina e dalle ao botón "Previsualizar". Aí poderás aprender sobre a dixestión e respostar a unhas cantas preguntas.
http://contenidos.proyectoagrega.es/ODE/gl/es-mu_2008111942_7960285
http://contenidos.proyectoagrega.es/ODE/gl/es-mu_2008111942_7960285
lunes, 24 de septiembre de 2012
A DIXESTIÓN (interactivo)
Nesta páxina poderedes aprender de xeito divertido sobre o aparato dixestivo:
http://www.supersaber.com/digestivo.htm
http://www.supersaber.com/digestivo.htm
viernes, 21 de septiembre de 2012
martes, 11 de septiembre de 2012
COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!
Mañá verémonos de novo, nenas, nenos e profes. Teremos tempo de contar mil e unha historia das andanzas do verán, de retomar o contacto cos amigos e amigas de clase, de compartir xogos de patio, de coñecer novas caras e nomes.
Ogallá sexa un día cheo de sorrisos e apertas.
BENVIDOS AO VOSO COLEXIO!!!
jueves, 21 de junio de 2012
A FESTA DE PILI
Hoxe houbo unha festa para despedir á nosa querida Pili. Para o vindeiro curso cambia de colexio, e danos moita pena dicirlle adeus, por iso lle decimos:
ATA SEMPRE, PILI, QUERÉMOSTE MOITO.
Tódolos compañeiros lle expresaron os seus sentimentos, e creemos que se sentiu moi querida, ela meréceo, xa que é estupenda e moi boa compañeira.
Houbo comida, bebida, chuches, música, de todo.
Julián escribiu unha obra de teatro , e coa axuda dos compañeiros fixeron unha representación fantástica. Convidamos aos nenos e nenas de 3º B a unirse á festa. Foi todo un ÉXITO.
Jacobo trouxo unha bica riquísima, xa que pronto estará de aniversario.
Aquí tedes unha reportaxe fotográfica feita por algúns reporteiros de clase.
Julián escribiu unha obra de teatro , e coa axuda dos compañeiros fixeron unha representación fantástica. Convidamos aos nenos e nenas de 3º B a unirse á festa. Foi todo un ÉXITO.
Jacobo trouxo unha bica riquísima, xa que pronto estará de aniversario.
Aquí tedes unha reportaxe fotográfica feita por algúns reporteiros de clase.
martes, 19 de junio de 2012
Hoxe
fixemos unha saída ao río Verdugo. Acompañáronnos Pablo e David, expertos no río, cos
que aprendemos moito sobre a fauna da ribeira. Foi unha excursión moi
interesante e moi divertida.
GRAZAS DAVID E PABLO!!!
Para o vindeiro curso contamos con vós para seguir coñecendo o noso río e a súa contorna.
martes, 12 de junio de 2012
4º CURSO: OBRADOIRO DE FROITAS E VERDURAS
As nenas e nenos de 4º participamos nun obradoiro no que aprendemos
moitas cousas sobre froitas e hortalizas. Aquí tedes unha pequena mostra :
Que propiedades teñen...?
- Os froitos secos son bos para o corazón e a mente.
- As legumes favorecen a limpeza dos riles.
- A cenoria é boa para a vista e para protexer a pel do sol.
- Os tomates son bos pra o corazón, ao igual que as uvas brancas ou negras.
- O apio é bo para os ósos.
A que órganos do noso corpo se parecen ...?
- A noz ao cerebro.
- As fabas aos riles.
- Os tomates a un corazon de namorados.
- Un acio de uvas ao corazón de verdade.
- O apio aos ósos.
Por último, no comedor fixemos brochetas de froitas: amorodos, melón, piña e sandía.
E COMEMOS TODO O QUE QUIXEMOS!!!
PÁXINAS WEB SOBRE O CORPO HUMANO
XOGA E APRENDE SOBRE OS APARATOS DO CORPO HUMANO
AS FUNCIÓNS DO SER HUMANO (LIBRO LIM)
http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/tercer_ciclo/cmedio/las_funciones_vitales/la_funcion_de_relacion/la_funcion_de_relacion/la_funcion_de_relacion.html
A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/tercer_ciclo/cmedio/las_funciones_vitales/la_funcion_de_nutricion/la_nutricion/la_nutricion.html
http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/b/00/animaciones/a_fb05_00.html
http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/cuerpohumano/chumano_p.html
http://www.vedoque.com/juegos/el-cuerpo.swf?idioma=es
http://www.thatquiz.org/es-k-z5/ciencia/anatomia/
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1166732940408&idContent=8333&locale=es_ES&textOnly=false
LIBRO LIM
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~cepgr2gt1/intranet3/cono3/chumano/
jueves, 7 de junio de 2012
martes, 5 de junio de 2012
RECIBIMOS CARTAS!!!
Cando as nenas e nenos do colexio de A Lama viñeron visitarnos, na competición de Deporte Escolar, tivemos a ocasión de coñecer a clase de 3º e máis o seu profesor Pipo.
Nós escribímoslles e eles contestáronnos esta semana, enviándonos uns debuxos fantásticos e unhas cartas moi simpáticas.
UN SAÚDO COMPAÑEIR@S!!!
O ESQUELETO
Como estamos traballando o sistema locomotor, botádelle unha ollada a este vídeo a ver qué vos parece.
lunes, 28 de mayo de 2012
THE VERY HUNGRY CATERPILLAR
A semana pasada participamos no programa "A SEMANA DA FROITA", polo que as merendas das nenas e nenos da escola foron moi saudables, compostas principalmente por este alimento tan nutritivo e cheo de vitaminas.
Por este motivo unha amiga nosa, Heather, ofreceuse a vir ao colexio a contarlles as nenas e nenos de 1º e 3º un fantástico conto inglés; "The very hungry caterpillar". A protagonista deste conto, unha eiruga moi larpeira, énchese a comer froita ata se convertir nunha fermosa bolboreta.
Animámosvos a que o leades, ás nenas e nenos que escoitaron a Heather gustoulles moito, e tamén lles axudou a repasar os días da semana e o nome dalgunhas froitas en inglés.
THANK YOU SO MUCH, HEATHER!!!
BISCOITO DE IOGUR
Imos botando os ovos nunha cunca |
Dúas medidas de azucre |
Un iogur natural |
Unha de aceite |
Catro de fariña e un sobre de levadura |
Batemos con forza |
Agora, metémola no forno |
![]() |
QUE RICO ESTABA!!!! |
jueves, 24 de mayo de 2012
SEMANA DA FROITA
Estamos coa "SEMANA DA FROITA". Sabemos que é unha gran fonte de vitaminas, e que nos axuda a previr enfermidades.
Hoxe, na clase, coa axuda dun pequeno forno fixemos mazás asadas.
Estaban boísimas. Non todas as nenas e nenos as probaron, pero algúns que sí o fixeron, REPETIRON.
lunes, 21 de mayo de 2012
miércoles, 16 de mayo de 2012
Actividades sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE
Este ano o autor Valentín Paz Andrade é homenaxeado no día das Letras Galegas. Se facedes clic na imaxe podedes facer actividades para coñecer a súa vida e obra. Queremos agradecer a publicación deste Lim ao:
CEIP de Práct. da E.U. de Form. do Prof. de E.X.B..
TEST SOBRE OS SENTIDOS
Se entrades aquí poderedes facer unha proba sobre o que sabedes dos sentidos.
jueves, 10 de mayo de 2012
A VISIT FROM ETHIOPIA
A semana pasada contamos cunha visita sorpresa, algúen que estaba a pasar uns días de vacacións por estas terras. Esa visita foi Gelila, amiga dos pais de Tarikwa, quen se achegou á clase de 3ºA para falarnos, e contarnos historias que nos trouxo dende un fermoso país de África: Etiopía. Gelila é química e adícase ao estudo e investigación con plantas mediciñais.
Estivemos facéndolle moitas preguntas sobre o seu país, e pediunos que lle fixeramos o xogo de mans etíope do festival de Nadal. Falamos de animais, plantas, xogos, comidas, etc. e claro, todo en inglés, porque Gelila soamente falaba nese idioma, bueno, e tamén en amariña, que é a lingua oficial de Etiopía.
Aquí podedes entrar na páxina do Centro de Investigación no que traballa Gelila.
E se queredes coñecer Etiopía, entrade aquí.
miércoles, 2 de mayo de 2012
LIBRO LIM SOBRE OS SENTIDOS
Aquí tendes un libro de actividades para que vos axude a saber máis dos SENTIDOS
miércoles, 11 de abril de 2012
lunes, 9 de abril de 2012
AS MEDIDAS
Imos comezar a traballar as medidas: o peso, a capacidade, a lonxitude e o tempo.
Aquí tedes unha ligazón na que atoparedes explicacións e divertidas actividades.
COMEZAREMOS POLO TEMPO
http://conteni2.educarex.es/mats/11372/contenido/index2.html
lunes, 2 de abril de 2012
martes, 13 de marzo de 2012
A Historia de Ponte Caldelas.
Achegámonos a Historia dende o que temos máis perto de nós: a nosa vila, Ponte Caldelas. Se lle botades unha ollada a estas fotos, veredes como foron cambiando algúns edificios, as rúas, os coches ... Recoñecedes os lugares?
(Video subido a photobucket por Humberto Martínez Gargamala, profesor de Ciencias Sociais no IES de Ponte Caldelas)
iv>
(Video subido a photobucket por Humberto Martínez Gargamala, profesor de Ciencias Sociais no IES de Ponte Caldelas)
iv>
miércoles, 7 de marzo de 2012
martes, 6 de marzo de 2012
martes, 28 de febrero de 2012
LENGUA
Xogos moi divertidos para traballar contidos de LINGUA ESPAÑOLA.
Ortografía, lecto-escritura, vocabulario, etc. Aquí atoparás un montón de actividades de LENGUA:
http://juegoseducativosonline.blogspot.com/search/label/LENGUA%202%C2%BA%20Ciclo
Frases feitas
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~cepco3/fondolector/lecturas3/fraseshechas.htm
Ortografía, lecto-escritura, vocabulario, etc. Aquí atoparás un montón de actividades de LENGUA:
http://juegoseducativosonline.blogspot.com/search/label/LENGUA%202%C2%BA%20Ciclo
Frases feitas
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~cepco3/fondolector/lecturas3/fraseshechas.htm
MATEMÁTICAS: Actividades on line
Entra nestas páxinas e repasa o que estamos traballando en Matemáticas (3º)
Líneas curvas, rectas y ángulos
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/03_mates/U11/unidad11.htm
Objetos y formas geométricas
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/03_mates/U12/unidad12.htm
Triángulos y cuadriláteros
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/03_mates/U13/unidad13.htm
Círculo y circunferencia
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/03_mates/U14/unidad14.htm
jueves, 23 de febrero de 2012
lunes, 20 de febrero de 2012
Artigos sobre Matemáticas (para nais/pais)
Matemáticas divertidas:
http://www.consumer.es/web/es/educacion/extraescolar/2010/10/10/196426.php
Beneficio do calculo mental:
http://www.consumer.es/web/es/educacion/otras_formaciones/2010/09/19/195900.php
http://www.consumer.es/web/es/educacion/extraescolar/2010/10/10/196426.php
Beneficio do calculo mental:
http://www.consumer.es/web/es/educacion/otras_formaciones/2010/09/19/195900.php
domingo, 19 de febrero de 2012
PREGUNTAS INTERESANTES
Xela, de 3º A, fixo unha interesantísima pregunta relacionada coas árbores.
Se as follas son as que fabrican os alimentos, como se alimentan as árbores de folla caduca nos meses de inverno?
Alguén sabería que responderlle?
sábado, 18 de febrero de 2012
viernes, 17 de febrero de 2012
FELIZ ENTROIDO!!
Hoxe comezamos as vacacións do Entroido. Temos cinco días para descansar, xogar, estar coa familia...
Non esquezades de facer as tarefas que levades da escola.
Esperamos que Hugo esteña de novo con nós o xoves, despois dunha semana enfermiño.
Ata a volta!
sábado, 11 de febrero de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Vistas de página en total
44369