Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

miércoles, 4 de marzo de 2015

EASTER: Dyeing Easter eggs


Para a Pascua imos decorar os corredores do cole con ovos decorados. Erin, a nosa auxiliar, fixo esta presentación para amosarlles ás nenas e nenos a seguinte tarefa para a clase de Plástica:

miércoles, 11 de febrero de 2015

THE FRUIT WEEK

Esta semana coincidindo coa Semana da Froita, estivemos traballando o puntillismo en "Art" cun debuxo de froitas.
Aquí podedes ver unhas fotos que amosan o traballo na clase.



















jueves, 13 de noviembre de 2014

HAPPY HALLOWEEN!!!

In a dark, dark wood
There was a dark, dark house
And in that dark, dark house
There was a dark, dark room
And in that dark, dark room
There was a dark, dark cupboard
And in that dark, dark cupboard
There was a dark, dark shelf
And in that dark, dark shelf
There was a dark, dark box
And in that dark, dark box
There was a ...


miércoles, 15 de octubre de 2014

ARTS AND CRAFTS in class 4 B: LEAVES ARE FALLING

Leaves are falling
Leaves are falling
to the ground
without a sound.
Days are getting shorter
Nights are growing longer
Fall is here
Fall is here
















viernes, 27 de junio de 2014

REMATOU O CURSO: FELICES VACACIÓNS!!!

Xa rematou o curso.Algúns e algunhas xa tiñades moitas ganas, a que sí? Agora, a pasalo ben!!!
Piscina, praia, campo, xogos, campamentos, risas con amigas e amigos.

Estes son os ingredientes fundamentais das vacacións. Pero... ...podemos facer un repasiño do curso dun xeito lúdico (é dicir, pasándoo ben).

Axudade a facer a compra: preparade a lista,  no super fixádevos nos prezos, cal é máis caro, ou barato? Canto custará toda a compra que levades no cesto?
Axudades a pagar, e repasades o recibo para saber que todo está ben.
Adicade un tempiño á lectura. Por que non ides coller algún libro á Biblioteca de Ponte Caldelas, ou á de Pontevedra? 


E tamén vos animo a que comecedes a escribir un diario, nel podedes ir contando as vosas aventuras de vacacións, e acompañalo con algún dibuxo, foto, recorte, etc.

 

Se ides de viaxe no coche podedes xogar:  palabras encadeadas, adiviña en que penso (persoa, animal ou cousa), "calculadora humana", canto falta para chegar? (xogamos co tempo). E tamén, por que non? repasades a táboa de multiplicar!!!!

 Podedes visitar este blogue e entrar nas páxinas de actividades para repasar Lengua, Lingua, Matemáticas...

Feliz verán!!! 
Botareivos de menos para o vindeiro curso!! 

Vistas de página en total