Seguindo co tema da alimentación, elaboramos un "mugcake", con ingredientes aptos para persoas con intolerancia ao glute. O obradoiro estivo a cargo da profe Tania, coa que o pasamos estupendamente, e ademais aprendemos un montón e animounos a cociñar nas nosas casas. O resultado foi espectacular. Estaba boísimo!!
Somos as nenas e nenos do 2º Ciclo de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boulloso de Ponte Caldelas. Esta é a pequena xanela pola que vos iremos amosando a nosa vida na escola. BENVID@S!!
Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.
"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden
martes, 25 de mayo de 2021
domingo, 23 de mayo de 2021
lunes, 10 de mayo de 2021
OS NOSOS LAPBOOKS
O alumnado de 4º fixemos un gran traballo elaborando uns estupendos lapbooks para recompilar toda a información que buscamos sobre a Idade Antiga en España, veredes canto traballamos!!!!
domingo, 11 de abril de 2021
SEMANA DA PRENSA
Semana da prensa
Do 8 ao 12 de marzo organizáronse diferentes actividades relacionadas coa prensa e como produto final elaboramos a primeira revista da "Semana da prensa" na que podedes atopar artigos relacionados co día internacional da muller e información e consellos sobre alimentación saudable e coidado do medio ambiente.
Non deixedes de escoitar o audio coas entrevistas que lles fixestes as avoas e avós!!!
Agardamos que a desfrutedes!!!
CHARLA SOBRE AS DEPURADORAS
Sofía, alumna de 3º A, convidou ao seu tío, que traballa nas depuradoras da contorna a darnos unha charla sobre o funcionamento das mesmas. Foi moi interesante!!!
miércoles, 7 de abril de 2021
CELEBRACIÓN DO 8M: "MULLER TIÑAS QUE SER"
Este ano, conmemoramos o 8M homenaxeando as mulleres da nosa vila e da súa contorna. Convidámolas ás nosas aulas de xeito virtual, escoitámolas, e a partires diso elaboramos este monográfico. Son mulleres salientables, polas súas profesións, polas súas persoalidades... non están tódalas que o son, pero podemos dicir que SI son tódalas que están.
Moitas grazas!!
martes, 23 de febrero de 2021
Suscribirse a:
Entradas (Atom)