Para acceder ás actividades de Ingles de 4º de Educación Primaria clica no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcordoboullosa/node/289
Somos as nenas e nenos do 2º Ciclo de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boulloso de Ponte Caldelas. Esta é a pequena xanela pola que vos iremos amosando a nosa vida na escola. BENVID@S!!
Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.
"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden
lunes, 6 de abril de 2020
sábado, 4 de abril de 2020
Salón do Libro Virtual
Na páxina do Salón do Libro de Pontevedra podedes disfrutar de varios contacontos, entrevistas,...
Para visitala podes clicar neste enlace: https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/
Para visitala podes clicar neste enlace: https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/
viernes, 3 de abril de 2020
ARTS FOR EASTER!!
Hi everyone!!!
This is a fun and easy project that teacher Bianca has sent to me. I am sure you will like it very much.
We challenge you to recreate a work of art with objects (and people) in your home.
Steps:
👍 Choose your favorite artwork 👀 (you can choose one from this blog)
👍 Find some things lying around your house 👞👕☎🎀
👍 Recreate the artwork with those items. 👯👮💂
And share with us!!
(from the Getty Museum)
Click on the picture to know more.
Ola a tod@s!
A profe Bianca envioume este proxecto de Arts que é moi divertido e fácil. Seguro que vos encanta.
Retámosvos a recrear unha obra de arte con obxectos (e xente) nas vosas casas.
Pasos:
Elexide o voso cadro favorito (podedes elixir a obra no blogue de Primeiro Ciclo).
Buscade cousas que teñades pola casa.
Recreade o cadro con todos eses obxectos.
E compartídeo con nós!!!
(da páxina do Getty Museum)
Se queredes saber máis facede clic na imaxe.
jueves, 2 de abril de 2020
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
O día 2 de abril celebrase
o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Esta data conmemora o
nacemento de Hans Christian Andersen, un dos escritores
máis importantes da literatura infantil e creador de obras coñecidas por todos
como “O soldadiño de chumbo” ou “O traxe novo do emperador”. Esta data vense
celebrando desde 1967.
Lembrade que contades
cunha biblioteca dixital ao voso alcance no portal BEGA-ELBE 2
Para conmemorar esta data,
o Ministerio de Cultura e Deporte incluíu no portal de préstamo bibliotecario
dixital eBiblio de libros dous literatura infantil e xuvenil: “Un falcón que di
verdades” e a edición ilustrada “Robisón Crusoe: a súa vida e aventuras”. Tamén
difundirá o espazo para o público infantil e xuvenil “De cero a
18” habilitado nas webs de bibliotecas públicas, permite acceder a libros,
contos e xogos en diferentes linguas.
DIA MUNDIAL DO AUTISMO
A profe Chus colgou no blog do primeiro ciclo esta entrada para recordarnos que hoxe é o Día Mundial do Autismo. Convídanos a ver tres curtametraxes marabillosas. Desexo que vos gusten.
Nestas outras entradas de CURICUXA tamén podedes ver outros vídeos sobre o AUTISMO:
Xoves 3 de abril de 2014 : http://curicuxa.blogspot.com/2014/04/dia-mundial-da-conciacion-sobre-o.html
Mércores, 26 de setembro de 2012 : http://curicuxa.blogspot.com/2012/09/autismo-academia-de-especialistas-por.html
Venres 29 de xuño de 2012 : http://curicuxa.blogspot.com/2012/06/el-viaje-de-maria.html
Nestas outras entradas de CURICUXA tamén podedes ver outros vídeos sobre o AUTISMO:
Xoves 3 de abril de 2014 : http://curicuxa.blogspot.com/2014/04/dia-mundial-da-conciacion-sobre-o.html
Mércores, 26 de setembro de 2012 : http://curicuxa.blogspot.com/2012/09/autismo-academia-de-especialistas-por.html
Venres 29 de xuño de 2012 : http://curicuxa.blogspot.com/2012/06/el-viaje-de-maria.html
miércoles, 1 de abril de 2020
Unha fermosa animación que emociona
Como non todo vai ser facer fichas, aquí podedes ver unha animación que nos fala de emocións como a amizade, a tenrura, o enfado, ... Agardo que vos guste:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
