Somos as nenas e nenos do 2º Ciclo de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boulloso de Ponte Caldelas. Esta é a pequena xanela pola que vos iremos amosando a nosa vida na escola. BENVID@S!!
Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.
"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden
lunes, 23 de marzo de 2020
O PROFE RAMÓN PREPAROUNOS ESTAS SESIÓNS PARA ESTAR EN FORMA
A idea destas unidade didáctica "EDUCACIÓN
FÍSICA DE ANDAR POR CASA" é de facer un mantemento global das
diferentes capacidades físicas.
As sesións
están deseñadas para que podan participar delas persoas de diferentes idades e
niveis, polo que se podería xogar con irmáns/ irmás maiores e tamén menores que
nós. Incluso tamén con adultos. Anímaste?
Se non podes
facer algunha actividade por problemas de material, compañía ou espazo... non
te preocupes! Cambia á seguinte e segue poñéndote en forma.
O material
empregado vai a estar presente habitualmente nas casas (botellas de plástico,
tapóns, caixas, paus...) De tódolos xeitos, algún material podes intentar
elaboralo ti (pide axuda). Verás que divertido!
É importante
que non vos desfagades do material elaborado, porque pode ser útil para
próximas sesións, ou ben para utilizalo no voso tempo de lecer.
ESTOU MOI ORGULLOSO DE TODOS E TODAS. ÁNIMO. A POÑERSE EN FORMA
sábado, 21 de marzo de 2020
Cociñamos?
Ola familias!
Como sabemos que
entre o noso alumnado se atopan moitos namorados da repostería propoñémosvos
unhas receitas para poder elaborar en familia. Cada proposta vai acompañada
dunha ficha para poder traballar con ela.
Tamén vos
achegamos un receitario personalizado por se algún nen@ quere escribir
as súas propias receitas para compartir cos compañeir@s á volta deste inesperado
parón.
Esperamos que vos guste a idea!!
viernes, 20 de marzo de 2020
Xogo da oca
Curicuxa é a protagonista do xogo da oca que deseñou o profe Ramón para que
non vos esquezades de facer un pouquiño de deporte cada día.
Non sei a que estades esperando... A XOGAR!
jueves, 19 de marzo de 2020
RETOS MATEMÁTICOS
Aquí vos deixo uns retos matemáticos para aqueles que queiran darlle unhas voltas á cabeciña. Tempo temos, non si?
Ánimo familias, un día menos!
miércoles, 18 de marzo de 2020
SALÓN DO LIBRO VIRTUAL
Posto que o Salón
do Libro tivo que pechar as súas portas, aquí vos deixamos unha ligazón na que
podedes percorrelo de forma virtual.
Seguro que Orbil quedará encantado coas vosas visitas!!!
martes, 17 de marzo de 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















