Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

lunes, 16 de marzo de 2020

EU QUEDO NA CASA!


Ola familias!
Dende o cole non queremos perder a oportunidade de aportar o noso granciño de area para facer máis levadeiros estes días. Por iso gustaríanos que sacásedes unha foto co alumnado realizando algunha actividade que poidades facer nas vosas casas (xogando a algún xogo, facendo exercicio, cociñando...) e nola enviásedes ao enderezo tercerciclocordoboullosa@gmail.com
Con todas esas fotos elaboraremos un vídeo que aportará ideas a outras nenas e nenos para realizar coas súas familias!
Podedes enviar fotos ata o VENRES DÍA 20!
Moitas grazas de antemán!

E ti, anímaste a salvar o mundo?












viernes, 13 de marzo de 2020

Medidas Coronavirus

Debido ás medidas da Xunta para evitar a propagación do coronavirus, aquel alumnado que o desee pode facer as seguintes actividades.

TAREFAS 3º PRIMARIA by snrdr on Scribd

Teñen que recoller o material no colegio (a non ser que xa o tañan recollido)

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

Ante a falta de comunicación oficial por parte da Consellería de Educación, remitímosvos as declaracións feitas pola Presidente da Xunta de Galiza nas que anunciaba que a partir do luns, 16 de marzo, os centros educativos sunpenden todas actividades lectivas e complementarias durante catorce dias; e mañá a asistencia do alumnado é voluntaria. 

Lembrade que para calquera dúbida, debedes consultar primeiro a páxina web do colexio e/ou os blogs de cada ciclo.
Estes son os enlaces:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U. :  http://www.edu.xunta.gal/portal/


CURICUXA (BLOG DA BIBLIOTECA DO CENTRO): http://curicuxa.blogspot.com/

BLOG EDUCACIÓN INFANTIL: http://cativoscaldelas.blogspot.com/


Vistas de página en total