Co esqueleto Pedro memorizamos xogando os ósos do corpo.
Esta actividade tamén nos axuda a mellorar a nosa atención e concentración.
O esqueleto Pedro from Eva Conchouso on Vimeo.
Somos as nenas e nenos do 2º Ciclo de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boulloso de Ponte Caldelas. Esta é a pequena xanela pola que vos iremos amosando a nosa vida na escola. BENVID@S!!
Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.
"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden
lunes, 28 de octubre de 2019
O aparello excretor
Os nenos e nenas de 4º atopámonos traballando na área de Ciencias Naturais “O corpo humano”.
Carla, coa axuda da súa familia, deseñou unha maqueta sobre o funcionamento do aparello excretor. Aquí vos deixamos unha mostra da súa explicación.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!
domingo, 27 de octubre de 2019
SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Para celebrar a semana das BIBLIOTECAS ESCOLARES o alumnado de 4º A presentou a obra Na busca do Bico de David Melling. Agardo que vos guste.
Na busca do bico from jmcarguez on Vimeo.
Dende 1997 celébrase o Día da Biblioteca o 24 de outubro, una conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
Pola súa parte, o Ministerio de Cultura e Deporte propón este ano 2019 a incorporación do lema "aptas para todos os públicos", co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.
As bibliotecas escolares galegas teñen o seu propio lema para este curso 2018/2019, BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar as outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas (e todas boas), que son as bibliotecas públicas, eses lugares para a igualdade e a diversidade que son as BIBLIOTECAS.
viernes, 25 de octubre de 2019
Cocorico
Con motivo da Semana das Bibliotecas Escolares os nenos e nenas de 4ºB quixemos sorprender aos máis pequenos do cole e preparamos para eles un teatro de sombras moi especial.
Cocorico foi o libro elixido e aquí podedes ver o resultado.
Esperamos que vos guste!
Cocorico from Eva Conchouso on Vimeo.
jueves, 24 de octubre de 2019
CELEBRACIÓNS NA SEMANA DAS BIBLIOTECAS
Este ano para celebrar o Día das Bibliotecas realizamos no cole varias actividades ao longo de toda a semana. O martes 22 foi a quenda de terceiro que se estrea nas actividades do segundo ciclo así de ben!!!! Contando aos peques de 3 anos un divertido conto con marionetas a través dun teatro de sombras.
Velaí vos vai o resultado!!!
3º na semana das biblios from Audición y lenguaje on Vimeo.
Velaí vos vai o resultado!!!
3º na semana das biblios from Audición y lenguaje on Vimeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)