Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

miércoles, 24 de noviembre de 2021

EN TERCEIRO TRABALLAMOS "OS DEREITOS DA INFANCIA"

 

O 20 de novembro celebrase o Día Mundial do Neno, xa que nesa mesma data resultou aprobado pola Asamblea das Nacións Unidas a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, sendo este o máis universal dos tratados internacionais.

Para celebralo, o alumnado de terceiro elaborou fermosas manualidades conmemorativas sobre esta temática.

















Debemos recordar que garantir e protexer os dereitos dos nenos-as significa velar polo futuro.

O ALUMNADO DE 4º ELABORA MÁQUINAS SIMPLES



O noso alumnado de cuarto curso utilizou toda a súa inventiva e orixinalidade construíndo diferentes máquinas simples. Aquí podedes ver os diferentes muíños, pozos, catapultas, balanzas e demáis creacións:


  









Está claro que con estos inventores-as o futuro da ciencia está asegurado
 

lunes, 25 de octubre de 2021

O ALUMNADO DE 3º CURSO RECOLLE LANDRAS

 

Os alumnos e alumnas de 3º curso dan un paso ao frente en defensa dos nosos montes e deciden colaborar co proxecto "VOZ NATURA" e levar a cabo unha actividade de recollida de landras para repoboalos de carballos.

Esta xornada tivo lugar o pasado venres 8 de outubro e todos-as xuntos-as saímos á Calzada para levar a cabo dita recollida masiva de landras que posteriormente serán utilizadas para a recuperación de montes.











Resultou unha actividade moi divertida e educativa, xa que certamente se mostra moi comprometida co respecto e coidado da natureza.

Ademáis, tamén aproveitamos esta saída á natureza para despedir ao noso marabilloso compañeiro LOIC, que regresa a Suiza tras comezar este curso aquí en Ponte Caldelas connosco. Foi un auténtico pracer coñecelo e compartir esta experiencia con él. Desexámoslle que teña moito éxito e de seguro que o botaremos un montón de menos. 




Moita sorte LOIC, e ata sempre!



martes, 5 de octubre de 2021

BENVID@S AO CURSO 2021-2022

 

                            

                    Velaquí os cursos de SEGUNDO CICLO no seu primeiro día de clase!

                                                                                 3ºA


     3ºB



     4ºA



      4ºB



    









lunes, 31 de mayo de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: Visitounos Mónica de Nut

Dentro das actividades organizadas para homenaxear a nosa lingua, e a Xela Arias, autora á quen se lle adicou o Día das Letras Galegas 20212, tivemos a visita de Mónica de Nut. Mónica, ademais de ser unha gran cantante, é a nai dunha das nosas alumnas de Educación Infantil, Lauriña. E como nos encanta que as familias participen nas actividades da nosa escola, convidámola a vir á escola e ela ofreceunos a súa voz e a súa simpatía. Pasámolo xenial!!! Grazas, Mónica.

martes, 25 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

No "Día das letras galegas" este ano a homenaxeada foi a poeta, profesora e traductora Xela Arias. Dende o CEIP Manuel Cordo Boullosa rendémoslle a nosa homenaxe investigando e aprendendo sobre a súa biografía. O alumnado de 6º recolleu os diferentes traballos do alumnado levando a cabo unha labor periodística. Podedes ver o resultado na páxina da nosa biblioteca:

DÍGOCHO EU NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Na Semana das Letras Galegas, ademais de homenaxear a Xela Arias, tamén estivemos traballando moito coa nosa lingua, e aprendendo novo vocabulario. E como no cole nos encanta o programa DÍGOCHO EU, en cada clase fixemos un pequeno vídeo sobre distintos temas. 


 3ºA primaria

 
 
 

3º B primaria



4º primaria

Vistas de página en total