Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

martes, 14 de abril de 2020

Solucións ás actividades de Inglés

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcordoboullosa/node/295

A reposteira Sofie

Sofie e a súa irmá Liv aproveitaron as vacacións de Semana Santa para elaborar Hot Cross Buns, unha receita típica de Pascua en Inglaterra. 










Que boa pinta Sofie!! Xa nos pasarás a receita!!

Unha nova sesión de Educación Física. Grazas profe Ramón.

Ahí van algunhas novas sesións para que sigades mellorando. Practicade todas as veces que poidades. Xa sabedes que hai que facer un pouquiño de actividade física cada día.

Ademáis, tamén achego dous novos xogos de mesa que atopei: o "Trivial" (enlaces para descarga dos cartóns: https://drive.google.com/open?id=1lBymf-TgLV0oulAYkvifTEuuqOAApurB    ; enlace para descarga do taboleiro: https://drive.google.com/file/d/1AkSJdJdHi4ETS6M9D6Ot9sfG4Qtlmtbu/view?usp=sharing   ) e un novo "Xogo da oca" (enlaces para descarga: https://drive.google.com/open?id=1xOvRUTbk0oYDufFHsi1NueDnFkgdMSab    ). Ambos teñen probas físicas que debedes realizar.








lunes, 13 de abril de 2020

Vanesa enviounos dous novos videos.

Moitas grazas polo teu traballo.

A terceira parte:



video vanesa 3 from jmcarguez on Vimeo.


E a cuarta:


video vanesa 4 from jmcarguez on Vimeo.

TAREFAS 4ºB SEMANA 14-17 ABRIL

Recordade! Podedes realizar as actividades de dous xeitos, ben traballando coas fichas impresas ou ben empregando un caderno. Se decidides escoller a segunda opción debedes poñer a materia, a data e, de ser o caso, o número de páxina e exercicio.

Tamén atoparedes enlaces web para traballar algúns contidos na rede. 

A continuación déixovos as tarefas da semana seguindo o horario de aula:


MARTES
Lengua Castellana: Lectura y comprensión. Ficha “Comprender un cuento”

Matemáticas: Repaso. Dos problemas y cuatro divisiones.


Lingua Galega: Gramática. Fichas. O verbo. O número e a persoa dos verbos.



MÉRCORES
Matemáticas: Repaso. Ficha “Suma y resta de decimales”


Lengua Castellana: Escritura creativa con dados.

Ciencias: Test. A enerxía. Pincha na imaxe para acceder.


XOVES
Matemáticas: Repaso. Ficha. Dos problemas y cuatro divisiones.


Lengua Castellana: Dictado “El coche de bomberos”. (Para hacer el dictado disponéis de dos opciones, escucharlo en YouTube o que un familiar os lo dicte.)
Lingua Galega: Gramática. A primeira conxugación.




Ciencias: Repaso. Ríos de España. 

VENRES
Lingua Galega: Gramática. A segunda e terceira conxugación.




Ciencias: Repaso. Ríos de Galicia.


NOTA IMPORTANTE! Todas as fichas serán enviadas aos correos electrónicos en PDF.

domingo, 12 de abril de 2020

Máis traballiños...

Seguen chegando os PRACERES DE SEMANA SANTA... desta vez da man de Raúl que decorou uns ovos de Pascua con tintes naturais caseiros. 


Moitas grazas Raúl por compartir esta manualidade con nós!

Vistas de página en total