Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.




"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden

sábado, 21 de marzo de 2020

Cociñamos?


Ola familias!
Como sabemos que entre o noso alumnado se atopan moitos namorados da repostería propoñémosvos unhas receitas para poder elaborar en familia. Cada proposta vai acompañada dunha ficha para poder traballar con ela.




Tamén vos achegamos un receitario personalizado por se algún nen@ quere escribir as súas propias receitas para compartir cos compañeir@s á volta deste inesperado parón.  

Esperamos que vos guste a idea!!

viernes, 20 de marzo de 2020

Xogo da oca


Curicuxa é a protagonista do xogo da oca que deseñou o profe Ramón para que non vos esquezades de facer un pouquiño de deporte cada día.
Non sei a que estades esperando... A XOGAR!





jueves, 19 de marzo de 2020

RETOS MATEMÁTICOS

Aquí vos deixo uns retos matemáticos para aqueles que queiran darlle unhas voltas á cabeciña. Tempo temos, non si?
Ánimo familias, un día menos!



miércoles, 18 de marzo de 2020

SALÓN DO LIBRO VIRTUAL

Posto que o Salón do Libro tivo que pechar as súas portas, aquí vos deixamos unha ligazón na que podedes percorrelo de forma virtual. 
Seguro que Orbil quedará encantado coas vosas visitas!!!

lunes, 16 de marzo de 2020

EU QUEDO NA CASA!


Ola familias!
Dende o cole non queremos perder a oportunidade de aportar o noso granciño de area para facer máis levadeiros estes días. Por iso gustaríanos que sacásedes unha foto co alumnado realizando algunha actividade que poidades facer nas vosas casas (xogando a algún xogo, facendo exercicio, cociñando...) e nola enviásedes ao enderezo tercerciclocordoboullosa@gmail.com
Con todas esas fotos elaboraremos un vídeo que aportará ideas a outras nenas e nenos para realizar coas súas familias!
Podedes enviar fotos ata o VENRES DÍA 20!
Moitas grazas de antemán!

Vistas de página en total