Somos as nenas e nenos do 2º Ciclo de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boulloso de Ponte Caldelas. Esta é a pequena xanela pola que vos iremos amosando a nosa vida na escola. BENVID@S!!
Queremos dar as grazas a tódalas persoas que comparten as súas marabillosas ideas na rede, así coma a aqueles que ofrecen xenerosamente os resultados de moito traballo e esforzo en forma de actividades, vídeos, etc.
Grazas.
"A cooperación é a convicción de que ningúen pode chegar á meta se non chegan todos" . Virginia Burden
jueves, 27 de junio de 2013
martes, 25 de junio de 2013
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
Xa rematou o curso.Algúns e algunhas xa tiñades moitas ganas, a que sí? Agora, a pasalo ben!!! Piscina, praia, campo, xogos, campamentos, risas con amigas e amigos.
Axudade a facer a compra: preparade a lista, no super fixádevos nos prezos, cal é máis caro, ou barato? Canto custará toda a compra que levades no cesto?
Axudades a pagar, e repasades o recibo para saber que todo está ben.
Adicade un tempiño á lectura. Por que non ides coller algún libro á Biblioteca de Ponte Caldelas, ou á de Pontevedra?
E tamén vos animo a que comecedes a escribir un diario, nel podedes ir contando as vosas aventuras de vacacións, e acompañalo con algún dibuxo, foto, recorte, etc.Se ides de viaxe no coche podedes xogar: palabras encadeadas, adiviña en que penso (persoa, animal ou cousa), "calculadora humana", canto falta para chegar? (xogamos co tempo). E tamén, por que non? repasades a táboa de multiplicar!!!!
Podedes visitar este blogue e entrar nas páxinas de actividades para repasar Lengua, Lingua, Matemáticas...
Feliz verán!!! Ata a volta!!!
lunes, 17 de junio de 2013
domingo, 16 de junio de 2013
jueves, 13 de junio de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)