Os alumnos e alumnas de 3º curso dan un paso ao frente en defensa dos nosos montes e deciden colaborar co proxecto "VOZ NATURA" e levar a cabo unha actividade de recollida de landras para repoboalos de carballos.
Esta xornada tivo lugar o pasado venres 8 de outubro e todos-as xuntos-as saímos á Calzada para levar a cabo dita recollida masiva de landras que posteriormente serán utilizadas para a recuperación de montes.
Ademáis, tamén aproveitamos esta saída á natureza para despedir ao noso marabilloso compañeiro LOIC, que regresa a Suiza tras comezar este curso aquí en Ponte Caldelas connosco. Foi un auténtico pracer coñecelo e compartir esta experiencia con él. Desexámoslle que teña moito éxito e de seguro que o botaremos un montón de menos.