Páginas

miércoles, 8 de abril de 2020

CONCURSO DE DEBUXOS PARA A POLICÍA

Dende a Academia Galega de Seguridade Pública chega unha proposta moi interesante... UN CONCURSO! 
Os policías están a traballar sen parar, como sempre o fan, pola seguridade de todos, e se lle damos as grazas?

Aquí vos deixamos as normas do concurso:
  • Facede un debuxo, acompañádeo do #convosestamosseguros, decídelle aos vosos pais/irmáns/avós que lle saquen unha foto e que a envíen a través das redes sociais ou ao correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal 
  • Haberá DOUS premios para Educación Primaria. 

Animádevos, están esperando os vosos debuxos. Aproveitade para colgalos nos balcóns, fiestras, portais... así cando pasen poderán velos!




No hay comentarios:

Publicar un comentario