Somos as nenas e nenos do 2º Ciclo de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boulloso de Ponte Caldelas. Esta é a pequena xanela pola que vos iremos amosando a nosa vida na escola. BENVID@S!!
Páginas
▼
jueves, 19 de diciembre de 2019
miércoles, 4 de diciembre de 2019
jueves, 28 de noviembre de 2019
A ALIMENTACIÓN
Os alumnos/as de 3º estamos traballando o tema da alimentación, a roda dos alimentos, a dieta saudable, a pirámide... temas que forman parte do PDI deste ano e sobre o que traballaremos ao longo de todo o curso.
Ademais de aprender moitas cousas novas, pasamos un bo anaco gravando este vídeo, aquí volo deixamos para que lle botedes un ollo, non nos teñades moito en conta os erros que poidades atopar, estamos empezando!!!
A ALIMENTACIÓN from Audición y lenguaje on Vimeo.
Ademais de aprender moitas cousas novas, pasamos un bo anaco gravando este vídeo, aquí volo deixamos para que lle botedes un ollo, non nos teñades moito en conta os erros que poidades atopar, estamos empezando!!!
E non esquezades que... XOGANDO TAMÉN SE APRENDE!!!
A ALIMENTACIÓN from Audición y lenguaje on Vimeo.
lunes, 25 de noviembre de 2019
25 de novembro Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
O alumnado de 4º tamén quixo dar un portazo á violencia de xénero
25 DE NOVEMBRO-1 from jmcarguez on Vimeo.
25 DE NOVEMBRO-1 from jmcarguez on Vimeo.
O 20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
O alumnado de 4º de Ed. Primaria realizou este vídeo no que nos falan dos dereitos da infancia.
DEREITOS DAS NENAS E NENOS from jmcarguez on Vimeo.
DEREITOS DAS NENAS E NENOS from jmcarguez on Vimeo.
lunes, 11 de noviembre de 2019
CATA DE FROITAS
O pasado venres, Irene e a súa nai Ana, axudáronnos a enriquecer o noso PDI “Coidamos o noso corpo” cunha actividade na que coñecemos diferentes tipos de froitas e verduras.
Primeiro, presentáronnos as froitas, cal era o seu país de orixe, como era o seu sabor e as propiedades e beneficios que tiña para a nosa saúde introducir determinados alimentos na nosa dieta.
Despois, fixemos unha cata de froita moi especial... a cegas! Encantounos! Aquí vos deixamos a mostra.
Moitas grazas familias!
Cata de froitas from ecf on Vimeo.
martes, 29 de octubre de 2019
Receitas saudables
A
semana pasada, Sofie, coa axuda da súa familia, fixo unhas galletas
saudables.
Na
clase, explicounos a receita e falamos da importancia de coidar a
nosa alimentación mantendo unha dieta equilibrada e suficiente
contribuíndo así ao traballo do PDI “Coidamos o noso corpo”
lunes, 28 de octubre de 2019
O esqueleto Pedro
Co esqueleto Pedro memorizamos xogando os ósos do corpo.
Esta actividade tamén nos axuda a mellorar a nosa atención e concentración.
O esqueleto Pedro from Eva Conchouso on Vimeo.
Esta actividade tamén nos axuda a mellorar a nosa atención e concentración.
O esqueleto Pedro from Eva Conchouso on Vimeo.
O aparello excretor
Os nenos e nenas de 4º atopámonos traballando na área de Ciencias Naturais “O corpo humano”.
Carla, coa axuda da súa familia, deseñou unha maqueta sobre o funcionamento do aparello excretor. Aquí vos deixamos unha mostra da súa explicación.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!
domingo, 27 de octubre de 2019
SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Para celebrar a semana das BIBLIOTECAS ESCOLARES o alumnado de 4º A presentou a obra Na busca do Bico de David Melling. Agardo que vos guste.
Na busca do bico from jmcarguez on Vimeo.
Dende 1997 celébrase o Día da Biblioteca o 24 de outubro, una conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
Pola súa parte, o Ministerio de Cultura e Deporte propón este ano 2019 a incorporación do lema "aptas para todos os públicos", co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.
As bibliotecas escolares galegas teñen o seu propio lema para este curso 2018/2019, BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar as outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas (e todas boas), que son as bibliotecas públicas, eses lugares para a igualdade e a diversidade que son as BIBLIOTECAS.
viernes, 25 de octubre de 2019
Cocorico
Con motivo da Semana das Bibliotecas Escolares os nenos e nenas de 4ºB quixemos sorprender aos máis pequenos do cole e preparamos para eles un teatro de sombras moi especial.
Cocorico foi o libro elixido e aquí podedes ver o resultado.
Esperamos que vos guste!
Cocorico from Eva Conchouso on Vimeo.
jueves, 24 de octubre de 2019
CELEBRACIÓNS NA SEMANA DAS BIBLIOTECAS
Este ano para celebrar o Día das Bibliotecas realizamos no cole varias actividades ao longo de toda a semana. O martes 22 foi a quenda de terceiro que se estrea nas actividades do segundo ciclo así de ben!!!! Contando aos peques de 3 anos un divertido conto con marionetas a través dun teatro de sombras.
Velaí vos vai o resultado!!!
3º na semana das biblios from Audición y lenguaje on Vimeo.
Velaí vos vai o resultado!!!
3º na semana das biblios from Audición y lenguaje on Vimeo.
lunes, 14 de octubre de 2019
PELOS TORTOS
O alumnado do segundo ciclo (3º e 4º de Ed. Primaria), o curso pasado gravou a historia de Pelos Tortos. Aquí poderedes escoitala.
Perdón pola tardanza.
OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS
Hai uns días recibimos unha visita moi especial. A nai dunha alumna, que é enfermeira, axudounos a preparar a FASE DE MOTIVIACIÓN do noso PDI “Coidamos o noso corpo” e converteu o cole durante unhas horas nun hospital. Aprendemos como se limpa unha ferida, que debemos facer se nos queimamos, como reaccionar ante unha persoa que se atopa inconsciente, a quen debemos chamar en caso de emerxencia... e moitas cousas máis! Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades que experiencia tan enriquecedora.
Obradoiro primeiros auxilios from Eva Conchouso on Vimeo.
domingo, 16 de junio de 2019
PDI EMOCIONARTE: A ESCULTURA
Dende setembro, o alumnado de 3º, leva investigando e
traballando a arte da escultura.
Velaquí unha pequena mostra de todo o
aprendido.
A escultura from Eva Conchouso on Vimeo.
lunes, 8 de abril de 2019
VISITA AO SALÓN DO LIBRO.
O alumnado de Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria visitarón o Salón do Libro.
Se ides non esquezades visitar o noso traballo. Noraboa.
VISITA AO SALÓN DO LIBRO from jmcarguez on Vimeo.
Se ides non esquezades visitar o noso traballo. Noraboa.
VISITA AO SALÓN DO LIBRO from jmcarguez on Vimeo.
BON APPETIT
O alumnado do segundo ciclo asistiu á representación da obra "Bon Appetit" no teatro A Banca.
BON APPETIT from jmcarguez on Vimeo.
BON APPETIT from jmcarguez on Vimeo.