Páginas

lunes, 11 de noviembre de 2019

CATA DE FROITAS

O pasado venres, Irene e a súa nai Ana, axudáronnos a enriquecer o noso PDI “Coidamos o noso corpo” cunha actividade na que coñecemos diferentes tipos de froitas e verduras. 
Primeiro, presentáronnos as froitas, cal era o seu país de orixe, como era o seu sabor e as propiedades e beneficios que tiña para a nosa saúde introducir determinados alimentos na nosa dieta. 
Despois, fixemos unha cata de froita moi especial... a cegas! Encantounos! Aquí vos deixamos a mostra. 
Moitas grazas familias!

  Cata de froitas from ecf on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario