Somos as nenas e nenos do 2º Ciclo de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boulloso de Ponte Caldelas. Esta é a pequena xanela pola que vos iremos amosando a nosa vida na escola. BENVID@S!!
Páginas
▼
domingo, 25 de octubre de 2020
sábado, 24 de octubre de 2020
XA CHEGA O SAMAÍN!!
Para coñecer a orixe do Samaín, e algunhas outras curiosidades sobre esta celebración tan antiga, anímovos a ler este libro.
" O noso Samaín" de Loretta BirottIlustracións de Nuria Valdeón Balsás.
24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Para celebrar o Día das Bibliotecas, as nenas e nenos do colexio realizaron diferentes actividades ás que podedes acceder utilizando o lector de código QR dos vosos móbiles ou tablets. Agardamos que vos guste!!
Obradoiro "Acoso escolar"
Dentro dun proxecto sobre Igualdade, organizado pola ANPA,asistimos a unha charla sobre "Acoso escolar".
Coa reflexión final chegamos á conclusión de que debemos tratarnos ben, e que todas e todos temos dereito a ser diferentes
.
.
Obradoiro COVID-19
Con este inicio de curso cheo de dúbidas e novas rutinas, pedímoslle axuda a Vanessa, a mamá de Nerea de 3°B para que nos dera unha pequena charla sobre o que é o COVID-19, e como debiamos de levar a cabo o protocolo.
Coma sempre, foi un éxito, e o que máis lles gustou a maioría foi cando Vanessa se vestiu co equipo completo que utiliza no seu traballo (EPI).
Grazas, Vanessa.