Xa rematou o curso.Algúns e algunhas xa tiñades moitas ganas, a que sí? Agora, a pasalo ben!!!
Piscina, praia, campo, xogos, campamentos, risas con amigas e amigos.
Estes son os ingredientes fundamentais das vacacións. Pero...
...podemos facer un repasiño do curso dun xeito lúdico (é dicir, pasándoo ben).
Axudade a facer a compra:
preparade a lista, no super fixádevos nos prezos, cal é máis caro, ou
barato? Canto custará toda a compra que levades no cesto?
Axudades a pagar, e repasades o recibo para saber que todo está ben.
Adicade un tempiño á lectura. Por que non ides coller algún libro á Biblioteca de Ponte Caldelas, ou á de Pontevedra?
E tamén vos animo a que comecedes a escribir un diario, nel podedes ir contando as vosas aventuras de vacacións, e acompañalo con algún dibuxo, foto, recorte, etc.
Se ides de viaxe no coche podedes
xogar: palabras encadeadas, adiviña en que penso (persoa, animal ou
cousa), "calculadora humana", canto falta para chegar? (xogamos co
tempo). E tamén, por que non? repasades a táboa de multiplicar!!!!
Podedes visitar este blogue e entrar nas páxinas de actividades para repasar Lengua, Lingua, Matemáticas...
Feliz verán!!!
Botareivos de menos para o vindeiro curso!!