Páginas

jueves, 21 de junio de 2012

A FESTA DE PILI

Hoxe houbo unha festa para despedir á nosa querida Pili. Para o vindeiro curso cambia de colexio, e danos moita pena dicirlle adeus, por iso lle decimos:
ATA SEMPRE, PILI, QUERÉMOSTE MOITO. 

Tódolos compañeiros lle expresaron os seus sentimentos, e creemos que se sentiu moi querida, ela meréceo, xa que é estupenda e moi boa compañeira. Houbo comida, bebida, chuches, música, de todo.
Julián escribiu unha obra de teatro , e coa axuda dos compañeiros  fixeron unha representación fantástica. Convidamos aos nenos e nenas de 3º B a unirse á festa. Foi todo un ÉXITO.
Jacobo trouxo unha bica riquísima, xa que pronto estará de aniversario.
Aquí tedes unha reportaxe fotográfica feita por algúns reporteiros de clase. 
 


martes, 19 de junio de 2012

Hoxe fixemos unha saída ao río Verdugo. Acompañáronnos Pablo e David, expertos no río, cos que aprendemos moito sobre a fauna da ribeira. Foi unha excursión moi interesante e moi divertida. 

GRAZAS DAVID E PABLO!!!

Para o vindeiro curso contamos con vós para seguir coñecendo o noso río e a súa contorna.   




martes, 12 de junio de 2012

4º CURSO: OBRADOIRO DE FROITAS E VERDURAS

     As nenas e nenos de 4º participamos nun obradoiro no que aprendemos moitas cousas sobre froitas e hortalizas. Aquí tedes unha pequena mostra :

     Que propiedades teñen...?

  • Os froitos secos son bos para o corazón e a mente.
  • As legumes favorecen a limpeza dos riles.
  • A cenoria é boa para a vista e para protexer a pel do sol.
  • Os tomates son bos pra o corazón, ao igual que as uvas brancas ou negras.
  • O apio é bo para os ósos.

    A que órganos do noso corpo se parecen ...?

  • A noz ao cerebro.
  • As fabas aos riles.
  • Os tomates a un corazon de namorados.
  • Un acio de uvas ao corazón de verdade.
  • O apio aos ósos.

      Por último, no comedor fixemos brochetas de froitas: amorodos, melón, piña e sandía. 

 E COMEMOS TODO O QUE QUIXEMOS!!!




jueves, 7 de junio de 2012

martes, 5 de junio de 2012

RECIBIMOS CARTAS!!!

Cando as nenas e nenos do colexio de A Lama viñeron visitarnos, na competición de Deporte Escolar, tivemos a ocasión de coñecer a clase de 3º e máis o seu profesor Pipo.
Nós escribímoslles  e eles contestáronnos esta semana, enviándonos uns debuxos fantásticos e unhas cartas moi simpáticas. 
UN SAÚDO COMPAÑEIR@S!!!

THE SKELETON DANCE!!!

LET´S DANCE  THE SKELETON DANCE!!!!!

O ESQUELETO

Como estamos traballando o sistema locomotor, botádelle unha ollada a este vídeo a ver qué vos parece.